O orzamento deste novo equipamento ascende a 162.316,87 euros procedentes do remanente de tesourería das arcas municipais
A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, achegáronse ata o centro para supervisar a obra que supón a instalación dun novo ascensor eléctrico no centro da fachada lateral do centro, ao final do corredor dos pisos superiores, destinados a residencia, afectando o menos posible á distribución interna do edificio “e que contribuirá tamén a mellorar o nivel de autonomía das persoas usuarias e a funcionalidade e a loxística interna do centro”.
O elevador, con capacidade para 11 persoas e 5 paradas, supón un orzamento que supera os 162.000 euros procedentes do remanente de tesourería das arcas municipais.