Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela recibe este domingo ás xogadoras do Pescados Rubén tras gañaren unha nova supercopa

Burela, 10 de febreiro de 2023. O Concello de Burela anuncia que este domingo 11 de febreiro, terá lugar a recepción das xogadoras do Pescados Rubén Burela de fútbol sala, que veñen de gañar unha nova Supercopa de España en Toremolinos.

O equipo burelao de fútbol sala feminino fíxose así coa súa sexta Supercopa, a quinta obtida de xeito consecutivo polas deportistas.

Con tal motivo, no marco das celebracións do entroido na carpa da praza da Mariña, as integrantes do equipo farán a súa aparición como convidadas especiais para festexar o título xunto á veciñanza. O acto terá lugar ás 19:30.

“Será unha visita moi especial, posto que con este novo título, as nosas guerreras puxeron, unha vez máis, o nome de Burela en todo o alto”, sinala a alcaldesa da localidade, Carmela López. “Queremos darlles o recibimento que merecen, polo que animamos a toda a veciñanza a asistir”, engadiu.

Exit mobile version