O concello renovou tamén a rede que rodea as pistas de Infantil e Primaria do CEIP Vista Alegre
“O obxectivo dos traballos é subsanar unhas filtracións de auga que había cando chovía, afectando á pista de xogo”, explica o concelleiro de Deportes de Burela, Carlos Méndez.
“Continuamos desta forma mellorando as instalacións deportivas e de lecer do concello, unha prioridade para o noso grupo de goberno”, afirma o alcaldesa, Carmela López.
Por motivo das obras, os encontros e adestramentos habituais, entre eles os do Burela FS, tiveron que derivarse a outros pavillóns. Os traballos realízanse nestas datas pola meteoroloxía, a disponibilidade dos instaladores e o feito de non haber clases.
Desde o concello “sentimos as molestias causadas aos usuarios, pero esperamos en breve ter a instalación disponible e en mellores condicións”.
Por outra parte, o concello tamén aproveitou estes días para cambiar toda a rede que rodea as pistas de Infantil e Primaria do CEIP Vista Alegre, dando resposta a unha petición da dirección do centro educativo.
“A colaboración cos centros educativos e escolas infantís de Burela é continua, desde o concello intentamos sempre dar resposta ás súas peticións, incluso naqueles casos nos que as competencias non son nosas”, engade a alcaldesa.