Alfoz, 6 de febreiro, 2024. Este luns 5 de febreiro a Alcadesa de Alfoz, Efigenia Maseda, deulle a benvida ao alumando francés de intercambio no IES Alfoz-Valadouro.
Efigenia acercouse ao IES para recibir ao alumnado galo cun agasallo e intercambiou experiencias tanto cos 15 rapaces e rapazas como coas dúas profesoras que os acompañan. Durante uns días convivirán con familias do Val e celebrarán diferentes actividades e viaxes organizadas polo IES para coñecer a nosa comarca, a provincia e Galicia.
“A experiencia que está a vivir a rapazada son das que non se esquecen. Os intercambios son unha ferramenta moi positiva para mellorar a lingua que están a estudar e para coñecer diferentes culturas” apuntou a Alcaldesa sobre o encontro.