Ribadeo, 23 de febreiro de 2024. O Concello convoca ao sector hostaleiro a unha xuntanza para preparar o Ribadeo de Tapeo 2024. Será o vindeiro luns, 26 de febreiro.
A concelleira de Promoción Económica e Iniciativa Empresarial, Marta Saiz, explicou que “desde o Concello xa estamos traballando no Ribadeo de Tapeo. E o que pretendemos nesta edición é mellorar e innovar estas xornadas, pero da man do sector. Por iso o vindeiro luns, 26 de febreiro, teremos unha reunión cos hostaleiros ás 10:30 horas na Casa de El Viejo Pancho”.
A edil ribadense anima a asistir a este encontro: “animamos a toda a hostalería a acudir e tamén a propoñer”.