Os veciños séntense abandonados polo goberno do PP ao facer este oídos xordos sobre esta problemática durante tantos meses. O voceiro do BNG de Ribadeo, Pablo Vizoso, pregúntase o porqué deste abandono e a pouca importancia que o PP lle dá ás reclamacións dos nosos veciños e á conservación da auga nun mundo no que este ben é cada vez máis prezado polo aumento na frecuencia nas secas. Un elemento básico para as nosas vidas que o goberno do Partido Popular parece non ver.