Site icon Crónica3.com A Mariña

O artesán Ton de Mircromina e a guía Ana de Guía tu día organizan unha visita conxunta o domingo 3 de marzo en Mondoñedo

Mondoñedo, 26 de febreiro, 2024. Será un plan moi completo e para todos os públicos. Comezará Ana cun roteiro guiado polos recunchos máis representativos da vila como a alameda dos remedios, o casco histórico, a praza da catedral, a fonte vella… ata rematar no singular barrio dos muíños.

Asentado neste barrio artesán está o teatro de títeres, onde Ton nos introducirá de cheo no mundo dos bonecos cunha mostra-espectáculo do oficio de titiriteiro dende dentro e fóra do teatriño, un repaso polo proceso constructivo do espazo escénico e finalizando nun obradoiro práctico de construcción dun boneco de cartón que os participantes poderán levar para as súas casas.

O horario de ambas actividades será de 10:00h a 14:00h (2h visita guiada e 2h obradoiro). Está consellada tanto para maiores como para os non tan maiores.

O custo total é de 16€ os adultos e de 13€ os nenos e nenas menores de 12 anos.

Para máis información e reserva previa pódese contactar no teléfono 654 99 68 57.

Exit mobile version