O rexedor quixo “agradecer a todos aqueles que fixeron a xornada electoral no día de onte, foi un proceso sen incidencias, un traballo coordinado, ben feito e polo tanto o noso agradecemento. Tamén agradecer a aquelas persoas que nos apoiaron no día de onte. Trátase dun resultado magnífico: 2.806 votos, iso significa un 52,5%, e que o Partido Popular de Ribadeo obtivo un resultado dos mellores da provincia”.
Para Vega “un traballo ben feito, un traballo dedicado ás persoas, iso é o que se votaba no día de onte, non se votaba estridencia e barullo, senón que se votaba un bo goberno, eficacia e xestión. Nosoutros desde Ribadeo, desde o goberno municipal, desde o partido, seguiremos traballando pensando única e exclusivamente en Ribadeo, na xestión, no bo facer”.
O alcalde ribadense tivo tamén palabras de agradecemento para o presidente electo, Alfonso Rueda: “e agradecemos ao presidente Rueda a confianza que depositou sempre neste partido e na miña persoa, e traballaremos de xeito coordinado. Iso é o que realmente importa. Do resto pouco hai que dicir ou destacar. Estamos moi satisfeitos do traballo que estamos a facer. Vamos seguir nesta liña de contacto, de xestión e de dedicación por Ribadeo”.