A vindeira semana terán lugar dous obradoiros formativos destinados a apoiar a potenciais promotores e persoas interesadas, que queiran recibir axuda deste Fondo. O prazo de solicitude de axuda remata o vindeiro 29 de febreiro.
Viveiro, 2 de febreiro, 2024. As Confrarías de Celeiro e Cedeira acolleron o pasado mércores e xoves as xornadas formativas que está desenvolvendo o GALP A Mariña Ortegal, para dar a coñecer o programa de axudas do FEMPA. Nestas xornadas, participadas por representación de confrarías, concellos, asociacións e empresas do territorio, púxose de manifesto a importancia que ten este programa para apoiar o xurdimento de iniciativas empresariais e sociais nesta zona costeira. Moitas das persoas participantes coinciden en subliñar, que sen este tipo de axudas sería moi difícil poder emprender iniciativas empresariais ou desenvolver proxectos, tanto de carácter social coma económicos.
Estas axudas queren apoiar o desenvolvemento do sector pesqueiro, pero tamén de calquera empresa ou entidade que queira promover un proxecto no territorio. A transición cara unha economía baixa en carbono, a transformación dixital, a aposta pola sostibilidade social e ambiental, ou a preservación do patrimonio cultural, son algunhas das prioridades que orientan a estratexia do GALP A Mariña Ortegal.
A vindeira semana está previsto desenvolver outros dous obradoiros formativos, os cales se van a desenvolver nos seguintes días e localizacións:
1. Ortigueira. Centro de Participación Cidadá. Hospital de San Roque. Rúa Príncipe, 55. Mércores 7 de febreiro de 2024. 16 a 19 horas.
2. Ribadeo. Casa do Viejo Pancho. Rúa Viejo Pancho, 12. Xoves 1 de febreiro de 2024. 16 a 19 horas.
Estes obradoiros prestarán un asesoramento personalizado, achegando información práctica sobre o procedemento de axudas e os requisitos necesarios para a presentación da solicitude.
Para obter máis información contactar co GALP A Mariña Ortegal.
galp.marina.ortegal@xunta.gal
982 563 355 – 606 56 85 06