A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, tivo palabras de agradecemento paras as sete persoas integrantes do xurado “que por primeira vez procedían de moitos concellos da nosa contorna”. E tamén deu as grazas: “a todo o persoal municipal, ao persoal de Acisa, ás asociacións e colectivos e ás persoas a título particular que traballaron durante estes días para que todas as actividades do Antroido de Ribadeo fosen unha realidade. Grazas ás voluntarias e voluntarios que onte nos acompañaron no desfile e que velaron polo bo desenvolvemento do mesmo. E grazas tamén aos milleiros de persoas que se achegaron a Ribadeo a gozar do noso Desfile, porque podemos dicir que a vila estivo a tope o Martes de Antroido”.
Os premiados foron os seguintes:
Comparsas e/ou charangas
1º premio: A Choca
2º premio: Habelas Hainas
3º premio: Ruxe Ruxe
4º premio: Folixa
5º premio: Brincadeira
6º premio: Aturuxo
Carrozas
1º: Os mesmos de sempre
2º: Campillín
3º: Os minións do norte
4º: Locos por Astérix
5º: A Contrapunto
Grupos (mínimo 3 persoas)
1º: Crazy Wonderland
2º: El reino de la manita
3º: Happy Circus
4º: De festa en Abu Dabi
Parellas
1º: Locos por la música
2º: La senda de los elefantes
3º: Bajo el mar
4º: Alén do mar
Individuais
1º: Bailemos un vals
2º: Centro Comercial El Rosal
3º: Se non as queres deixaas
Premio especial á mellor mascarita
En honor a Secundino
Grupos infantís (mínimo 3 persoas)
1º: Mouchos sabios
2º: Mergullándonos en Ribadeo
3º: Bonecas de corda
4ª: Papagaio
Parellas infantís
1º: Descarrilados
2º: Mascarita por sempre
3º: Bucaneros
Individuais infantís
1º: Astronauta
2º: A pita poñedora
3º: A Xoaniña Rei Rei
A organización tamén destacou o incremento e contía dos premios, que foron de 6.900 euros, dos que as entidades colaboradoras (Donapubli, Aquí Diario, Rotugraf Ribadeo, Serigrafía Eo, Gestión Gratelu, Espectáculos Pico, Be One, TopCad, Coto Estudios y Construcciones, Gráficas Ribadeo, Comisión de Festas e Congelados Silvent) achegan 2.400 euros.
Tamén onte foi sorteada a rifa do cocho. O número premiado foi o 991. A persoa afortunada dispón de 15 días para reclamar o seu premio á Comisión do Antroido ribadense.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, subliñou que “o Desfile de Antroido contribuíu a unha importante dinamización do sector hostaleiro na xornada de onte, festivo local en Ribadeo, tanto durante o día como pola noite. Milleiros de persoas pasaron pola vila e iso notouse nos bares, nos restaurantes e nas terrazas. Desde Acisa estamos satisfeitos por este motivo”.
O Carnaval 2024 rematará en Ribadeo coa Queima do Entroido o vindeiro sábado, 17 de febreiro, ás 21:00 horas na Avenida Rosalía de Castro.