A candidata número tres da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas reuniuse este mércores co colectivo de Amas de Casa de Ribadeo onde puxo en valor o seu labor, “fundamental para visibilizar o traballo das mulleres e empoderalas”
A socialista mantivo un encontro con representantes da asociaciónde Amas de Casa de Ribadeo para escoitar as súas principais preocupacións e necesidades, ao tempo que lles recoñeceu a importancia do traballo que realizan a diario dende o colectivo. “O labor que fan é fundamental para empoderar ás nosas mulleres rurais, fomentan e dan visibilidade a unha parte da sociedade que moitas veces é silenciada, e tamén contribúen á igualdade entre homes e mulleres no mundo rural”, afirma.
“A loita pola igualdade é imparable, porque só queremos compartir o mundo e a vida en pé de igualdade. Para iso, creo firmemente nos servizos públicos por tres razóns: polo servizo que se presta en si, porque son grandes xeradores de emprego de calidade e porque contribúen a alcanzar a igualdade entre homes e mulleres”, afirmou García Bermúdez. “Para que as mulleres quedemos no rural é preciso ter servizos, nós seguimos asumindo o rol dos coidados da familia e dende logo, o Partido Popular non repara niso, temos que ser os socialistas os que visibilicemos esta realidade e contribuamos a atallala”.
Amas de Casa de Ribadeo leva dende 1981 promovendo formacións, charlas e obradoiros cun claro compoñente cultural e social, ademais de realizar actuacións específicas dirixidas á prevención da violencia machista. A súa filosofía é apoiar á muller, sobre todo á muller rural, ás persoas maiores e a aquelas que se atopan en situación de vulnerabilidade, buscando potenciar e promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
“Necesitamos seguir avanzando, seguir adquirindo dereitos da man do socialistas, da man de Besteiro, é vital para o reto demográfico, por iso temos que presentar especial atención ás mulleres”, indicou a socialista.
Transporte público
A candidata socialista tamén se reuniu hoxe en Lourenzá xunto á Alcadesa, Rocío López, e o tenente de Alcalde, Javier Huertas, coas familias do alumnado que cursa formacións postobrigatorias.
No caso do alumnado que estuda Bacharelato en Mondoñedo, os Concellos de Lourenzá e Mondoñedo e as familias están sufragando o transporte escolar, porque a Xunta considera que non teñan dereito el, cando antes sempre viaxaban en transporte escolar xunto ao nenos e nenas que cursan Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Pola súa banda, os rapaces e rapazas laurentinos que se estudan ciclos formativos en Xove tampouco dispoñían de transporte público, polo que tamén o Concello e as familias son os que se encargar de contratar un autobús que lles permita continuar cos seus estudos.
“Como non están habilitadas liñas regulares de transporte público que conecten os municipios na Mariña vémonos con este gran problema, e o mesmo acontece cando un veciño ou veciña quere ir facer algún recado ou mesmo ir ao hospital a Burela, ten que dispoñer dalgún familiar ou dun taxi, non temos autobuses para desprazarnos”, denuncia Mayra García, quen avanzou que o Goberno de Besteiro traballará para solucionar este problema.
“Besteiro cre na igualdade de oportunidades, vivas onde vivas, cunha clara aposta polo rural, porque os nenos e nenas do rural teñen dereito a ir a un centro de ensino igual que os da cidade”, subliñou Mayra García Bermúdez.