Ribadeo, 26 de febreiro de 2024. Hostaleiros de Ribadeo e Acisa acudiron á xuntanza convocada hoxe polo Concello para preparar o Ribadeo de Tapeo, que se desenvolverá do 20 ao 28 de abril.
No encontro participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, así como as técnicas da Área de Desenvolvemento Local do Concello, organizador deste evento gastronómico.
O obxectivo do Concello era coñecer as inquedanzas, as suxestións e as opinións do sector sobre aqueles aspectos a mellorar.
Marta Saiz manifestou que “escoitando á hostalería é como se mellora e se innova no Ribadeo de Tapeo. E iso foi o que fixemos esta mañá falar, coñecer a súa opinión e mudar a data desta cita, que se desenvolverá do 20 ao 28 de abril. De aquí aló queda moito traballo por diante”.