O evento é o único dedicado ao peixe e o marisco de Alemaña e alberga 320 expositores de 27 países diferentes coa asistencia de 10.000 visitantes de máis de medio centenar de nacionalidades
Nesta liña, puxo en valor as cifras récord de exportación do sector que alcanzaron os 2.700 millóns de euros no 2022 e que a tendencia indica que foron superadas o ano pasado, situando unha vez máis á cadea mar-industria da comunidade como un referente internacional. Para afondar nese crecemento a Administración autonómica reforzou nos Orzamentos do 2024 os fondos destinados á dinamización dos mercados, dos produtos de calidade diferenciada e do consumo dos alimentos do mar, un aumento superior ao 30 % ata case os 42 millóns de euros.
Este evento, que comezou o pasado 25 de febreiro, conta con 10.300 m2 nos que hai instalados 320 expositores de 27 países e que estimase que sexan visitados por máis de 10.000 profesionais de máis de medio centenar de nacionalidades. Unha cita que constitúe unha plataforma excepcional para o comercio dos produtos pesqueiros xa que permite coñecer as últimas novidades e innovacións do mercado alemán. Galicia contará cun espazo propio no recinto no que estarán presentes as seguintes empresas galegas: Copesma Conxelados, Cassua, Pereira Produtos do Mar, Conxelados Noriberíca, Stolt Sea Farm, Global Runner e Ailla Pasteurizados.
Máis feiras
O vindeiro mes de marzo a Xunta continuará impulsando a presenza de empresas galegas en feiras internacionais de primeiro nivel como Foodex de Xapón, a Seafood Expo North America Boston e a Alimentaria de Barcelona para seguir ampliando a presenza dos produtos pesqueiros de Galicia nos mercados internacionais.