Este venres programouse unha divertida Festa de Entroido da que desfrutaron moito. Estiveron traballando na elaboración dos disfraces durante varios días, mais pagou a pena polo resultado. O Concello traslada os Parabéns como sempre aos/ás mestres/as da Escola polo traballo e a organización. Xa o luns desfrutarán dunha Festa con Libre Disfrace na que degustarán sobremesas típicas de Entroido.