Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venes tivo lugar en Alfoz un obradoiro sobre o Control e xestión da dor no que se abordaron as diferenzas entre a dor crónica e a aguda, e se proporcionaron habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que a presentan na súa vida diaria

As persoas asistentes coñeceron algunhas estratexias e recomendacións sobre hábitos de vida saudables que poden axudar a combatir a dor (rutinas diarias, hixiene corporal e postural, sono e descanso, exercicio físico, alimentación saudable, etc.) así como alternativas non farmacolóxicas como fisioterapia, acupuntura, meditación, relaxación, psicoterapia… para o seu tratamento. A actividade realizouse en colaboración coa Escola Galega de Saúde.

Exit mobile version