Eli Ríos presentará ‘Alma de violino’, un álbum ilustrado sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024. Despois, as voces do colectivo Comadres das Letras, que optan ao premio Follas Novas do libro galego na categoría de Promoción da Lectura, conversarán sobre ‘Contármonos’. O evento, organizado pola ACR Fervenza de Sargadelos, dará comezo ás 17h 30 e tamén estará presente a Librería Bahía.