Site icon Crónica3.com A Mariña

Esperanza colocará este venres en Burela dúas mesas informativas para sensibilizar á poboación na loita contra o cancro

Burela, 1 de febreiro de 2024. A Asociación Esperanza de loita e apoio contra o cancro colocará mañán, venres, e con motivo do Día Mundial de loita contra o cancro, dúas mesas informativas para atender as peticións de información sobre a enfermidade, sobre o funcionamento da propia asociación e as actividades que realiza e tamén para explicar a que tipo de entidades realiza aportacións económicas o colectivo. Asimismo, recolleranse os donativos que a veciñanza desexe facer. As mesas estarán colocadas no Hospital da Mariña, preto da entrada á cafetería, e outra no Centro de Saúde de Burela.

A finalidade da colocación das mesas é continuar achegando a Asociación Esperanza á cidadanía, pero sobre de todo sensibilizar sobre a dureza do cancro, e a necesidade de que o conxunto da poboación se implique, do xeito que mellor considere, na investigación científica e médica, na prevención e no apoio ás persoas que sofren a enfermidade e ás súas familias.

Esperanza considera que nos últimos anos o grao de coñecemento e colaboración coa asociación foi en aumento, pero tamén recoñece que só se comezou o camiño de loita contra o cancro, camiño que será longo e ás veces dificultoso.

Exit mobile version