“Con este tipo de actuacións, damos resposta ás demandas da veciñanza e melloramos as infraestruturas públicas no rural, unha prioridade para nós”, afirma Míriam Bermúdez, que visitou hoxe a zona na que se realizarán as obras co concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez.
En concreto, os arranxos consistirán na mellora das recollidas de pluviais en tres puntos da estrada, xa que non contan con enreixado e queda un oco considerable contra a arribada. Esta situación xa ten orixinado accidentes, ao quedar os vehículos atrancados.
“É un risco para a seguridade viaria na zona, polo que procedemos a arranxar o problema”, engade Ramón Martínez.