Cando estaban a piques de ser as 14:00 horas, dous turismos colidiron na estrada de San Adrián, en San Tomé de Lourenzá. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, tras ter coñecemento do suceso, informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Barreiros, GES de Pontenova, Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lourenzá.
Precisamente foi Protección Civil quen puido confirmar a existencia de feridos trala colisión, unha vez chegados ao lugar do suceso. Debido a isto, foi necesaria a intervención dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales tiveron que trasladar a dúas persoas (unha de cada vehículo) ata o Hospital da Costa de Burela.
Finalmente, tamén se precisou a intervención de membros do servizo de mantemento da vía para a limpeza da mesma e despois de que un dos coches provocase interrupcións na circulación da estrada.