Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 190 hectáreas
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024. A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Trabada, parroquia homónima, está extinguido desde as 15.00 horas de hoxe.
O lume iniciouse onte ás 12,06 h. e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 190 hectáreas, parte delas correspondentes ao termo municipal de Ribadeo. Para extinguir este incendio mobilizáronse, en conxunto, 2 técnicos, 26 axentes, 37 brigadas, 29 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.