O espectáculo ‘Cousas de 4’ do grupo galego, dirixido a un público familiar, comezará ás 18:00
A actuación do grupo, titulada ‘Cousas de 4’ e dirixida a un público familiar, terá lugar este sábado, día 24 de febreiro, ás 18:00 da tarde. A entrada será de balde.
A concelleira de Cultura de Burela, Lina Gómez Pardo, anima á veciñanza “a acudir a este evento para desfrutar en familia dunha proposta musical diferente, de xeito totalmente gratuíto”.
Odaiko é un grupo galego conformado por percusionistas cunha ampla traxectoria ás súas costas, cunha proposta centrada na exploración da música tradicional multiétnica a través de diversos instrumentos de percusión.