O presidente de Apaga, Álvaro Doural, comentou que “neste momento, dentro do proceso de internacionalización que levamos a cabo desde hai uns anos, estamos a poñer en marcha este proxecto de innovación sobre o hidróxeno verde aplicado principalmente a vehículos”.
Doural explicou que “é un proxecto a dous anos no que vai haber unha serie de reunións. O punto de arranque está a ser en Lisboa, desde hoxe ata o venres, día 9 de febreiro, e partir de aí programaremos unha serie de encontros e de xornadas de traballo que se van desenvolver durante dous anos”.