“O obxectivo é comezar a revitalizar o parque con obras programadas en diferentes fases”, explica a tenenta de alcaldía, Míriam Bermúdez
Tamén se aproveita para informar de que o Concello recibiu un informe de arbicultores especializados no que, tras visitar e inspeccionar o parque, recomendan unha reforestación do espazo, renovando varias das árbores existentes xa que algunhas se atopan en mal estado e noutros casos, como o pino de Monterrei, supón un perigo pola presenza da procesionaria aínda sen subsanar.
“En vindeiras datas lanzaremos un cuestionario para que a veciñanza poida participar da decisión dos futuros usos do Parque Pernas Peón”, engade Míriam Bermúdez.