O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “dentro da nosa campaña de San Valentín do 9 ao 14 de febreiro Anduriña e Xoyma ofrecerán doces afrodisíacos e Marexada un cóctel tamén afrodisíaco. Así queremos que a xente celebre o Día dos Namorados degustando algunha destas propostas, que xa son tradicionais nesta campaña. Ademais na hostalería sabemos que hai menús especiais preparados para que poidamos gozar desta data dun xeito especial”.
AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 8 ao 14 de febreiro. O sorteo terá lugar o día 19 en Radio Foz.
A asociación focense conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.