Moi aplaudidas foron todas as actuacións da Gala, que estivo dedicada á música. Polo escenario do Teatro pasaron a EMMeD de Ribadeo, as charangas Aturuxo e A Choca, o grupo Adoración do Antroido, a señora Palmira ou os mesmos Pavarotti e Salomé. A Coral Polifónica ribadense e a Banda Municipal de Música tamén estiveron presentes a través de sendos vídeos. A traca final púxoa Village People, actuación protagonizada polo equipo de goberno de Ribadeo.
O Teatro foi engalanado para a ocasión polo obradoiro de emprego Tecendo Coidados. O evento foi conducido polo xornalista Dani Gayoso.
As charangas puxeron a nota musical polas rúas de Ribadeo minutos antes do inicio da Gala do Antroido. Tamén na xornada de onte e na de hoxe ten lugar a festa do freixó con amenización musical a cargo da Discoteca Móbil La Duendeneta.
Para esta tarde ás 18:00 horas está prevista a Gala Homenaxe a todas as persoas impulsoras do Antroido de Ribadeo. Será no Teatro.