Por este motivo convocamos un certame para animar aos nosos veciños a investigar na obra desta escritora, baixo o título “Versos de Rosalía”.
Aqueles que desexen participar teñen que escoller dous versos e presentalos no formato que desexen, unha foto, un vídeo, un texo, un audio…Premiarase por suposto a orixinalidade.
Temos establecidas dúas categorías, sénior e xuvenil, e haberá tres premios en cada unha delas.
Toda a información relativa ao certame está publicada nas redes sociais do Concello de Cervo.
O prazo está aberto ata o mesmo sábado 24 ás 17:00 horas, e os premiados faranse públicos no facebook ás 20:00 horas.
Tal e como apunto a alcaldesa “a verdade e que xa estamos recibindo bastantes traballos, vemos que o certame está a gustar, algo que nos motiva moito a seguir convocando este tipo de actividades desde o Concello, é a nosa pequena particular homexane a Rosalía de Castro”.
Pero ese sábado será un día completo -engadiu- porque ademais dese concurso temos unha obra de teatro na Casa da Cultura ás 20:30 horas Da man de Tarabela Creativa baixo o título Boa sorte, mala fama, escita e dirixida por Carmen Conde. A entrada é de balde e agardamos que a xente se anime a asistir.
Un día no que non faltará tampouco o factor culinario, -anunciou- porque a hostalería de San Ciprián celebrará a Festa do Mexillón, ofrecendo deliciosas racións durante toda a xornada, que estará animada tamén musicalmente.
Polo que este sábado é un día para desfrutar no cultural e no gastronómico no Concello de Cervo.