Cervo, 20 de febreiro, 2024. A rexedora Dolores García Caramés presenta as actividades que terán lugar este próximo sábado, 24 de febreiro, no Concello de Cervo, “unha data moi marcada na axenda galega, que no Concello de Cervo sempre temos tamén moi en conta: O Día de Rosalía, a escritora máis representativa das nosas letras”.
Por este motivo convocamos un certame para animar aos nosos veciños a investigar na obra desta escritora, baixo o título “Versos de Rosalía”.
Aqueles que desexen participar teñen que escoller dous versos e presentalos no formato que desexen, unha foto, un vídeo, un texo, un audio…Premiarase por suposto a orixinalidade.
Temos establecidas dúas categorías, sénior e xuvenil, e haberá tres premios en cada unha delas.
Toda a información relativa ao certame está publicada nas redes sociais do Concello de Cervo.
O prazo está aberto ata o mesmo sábado 24 ás 17:00 horas, e os premiados faranse públicos no facebook ás 20:00 horas.
Tal e como apunto a alcaldesa “a verdade e que xa estamos recibindo bastantes traballos, vemos que o certame está a gustar, algo que nos motiva moito a seguir convocando este tipo de actividades desde o Concello, é a nosa pequena particular homexane a Rosalía de Castro”.
Pero ese sábado será un día completo -engadiu- porque ademais dese concurso temos unha obra de teatro na Casa da Cultura ás 20:30 horas Da man de Tarabela Creativa baixo o título Boa sorte, mala fama, escita e dirixida por Carmen Conde. A entrada é de balde e agardamos que a xente se anime a asistir.
Un día no que non faltará tampouco o factor culinario, -anunciou- porque a hostalería de San Ciprián celebrará a Festa do Mexillón, ofrecendo deliciosas racións durante toda a xornada, que estará animada tamén musicalmente.
Polo que este sábado é un día para desfrutar no cultural e no gastronómico no Concello de Cervo.