Á noitiña amenizarán a velada a orquestra Zona Zero e Disco Móbil Revoluxxion
Cervo, 24 de febreiro de 2024. O concello de Cervo celebrará este, sábado 24 de febreiro, a Festa do Mexillón, que vai pola XXX edición.
Ao longo da xornada os 9 locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega de Ana, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Trasgo, Habana e o bar El Puerto.
A festa estará amenizada á noitiña, desde as 22:30 horas, pola orquestra Zona Zero e pola Disco Móbil Revoluxxion.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente al alcalde, Mali Méndez, e por unha repesentación dos locais participantes.
Tal e como anotou a alcaldesa “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre son un reclamo para atraer visitantes, ofrecendo un produto do mar con tantas posibles receitas elaboradas polos nosos hostaleiros, que unha vez máis nos sorprenderán coas súas grandes dotes culinarias”.
Desde o Concello de Cervo animan a todos e todas, veciñanza e visitantes, a desfrutar desta xornada, que terá o Mexillón como protagonista.