Site icon Crónica3.com A Mariña

Carmen Cruzado asume a presidencia da Federación de Comercio A Mariña

A Mariña, 5 de febreiro de 2024. Carmen Cruzado (presidenta de Acisa Ribadeo) asume a presidencia da Federación de Comercio A Mariña durante os dous vindeiros anos.

Compoñen o resto da xunta directiva, que se acaba de renovar, Becky Hermida, de Acia Burela, como vicepresidenta; José Carlos Paleo, de AciaFozCCA, como tesoureiro; e Isabel Méndez, do CCH de Viveiro, ocupa a secretaría.

A FCAM constituíuse no ano 2013. Desde entón organizou diferentes actividades co claro obxectivo de dinamizar o comercio, a hostalería e o turismo na comarca da Mariña.

Exit mobile version