Site icon Crónica3.com A Mariña

As tres peñas barcelonistas activas da Mariña: Mondoñedo; La Balastrera, de Ribadeo; e San Miguel, viaxaron conxuntamente a Vitoria para ver en directo e animar ó FC Barcelona

A expedición blaugrana partiu da Mariña o sábado ás 6.30 h. co fin de estar na capital vasca a mediodía. Logo dunha comida colectiva e de camiño ó estadio de fútbol, tiveron un encontro coa peña barcelonista local Euskobarça. A partir das 18.30 h. poideron desfrutar dun bo partido de fútbol e da victoria do seu equipo, polo que a satisfacción dos peñistas foi total. Coa alegría do resultado, gozaron da tardiña e da gastronomía de Vitoria. Xa o domingo pola mañá participaron nunha visita guíada pola zona vella e monumental da cidade. Finalmente nova comida colectiva e viaxe de regreso, pensando en celebrar novas actividades conxuntas entre as tres peñas e coa gran satisfacción de todos os participantes nesta viaxe.

Exit mobile version