A Casa do Mar é o escenario das partidas que se organizan durante as tardes ata principios de mes de marzo cando se decidirán as parellas gañadoras
Este mediodía Armada, mantivo un encontro coas participantes inscritas -13 parellas de parchís e 7 de tute-, para coordinar as partidas que se empezarán a xogar desde este mesmo luns, na cafetería da Casa do Mar.
As gañadoras do primeiro, segundo e terceiro posto de cada modalidade recibirán un trofeo de cerámica de Sargadelos no xantar con motivo do Día da Muller que dará por finalizada a competición.
Dende o Concello de Cervo e, especialmente, a edil responsable da delegación de Muller, Pilar Armada “agradecen a participación de todas as mulleres que forman parte do campionato e convidan a futuras xogadoras a participar en próximas edicións”.