No presente ano as visitas comezan o día 1 de marzo, sendo visitas de fin de semana: venres, sábados e domingos, ofrecendo un grupo pola mañá (11h) e outro pola tarde (16h). Ampliándose esta oferta durante a Semana Santa, na que se ofrecen visitas todos os días.
A partir do mes de abril as visitas serán en fins de semana e festivos ata o verán, no que xa serán todos os días da semana e engadirase un grupo máis na oferta, o das 18:30h.
As visitas turísticas lévanse a cabo na Galería Central da cova sobre un percorrido de 300m que supón unha visita dentro da cavidade de 1h e 15minutos aproximadamente.
Pídese, para poder facer as mesmas, unha forma física normal, isto é, non ter problemas de mobilidade, lesións ou problemas cardiorespiratorios. Tamén é preciso facer reserva previa na Oficina de Turismo de Mondoñedo, a través do número 982 50 71 77, ou a través do seu e-mail turismo@concellomondonedo.es
É obrigado traer calzado cerrado con fondo de goma que evite esvaróns e recoméndase traer roupa que non importe manchar así como unha muda para despois da visita.
Dende o Concello proporcionarase casco con iluminación, luvas de protección e un traxe desbotable para sobrepoñer á roupa, así como os complementos de hixiene axeitados para cada un destes elementos.
A idade mínima para entrar na cavidade é a partir dos 11 anos e o prezo da visita é de 20€/persoa.
No presente ano, tras a boa acollida dos anos anteriores, continúa aumentado a oferta da segunda modalidade de visitas á Cova, a Visita á Zona do Río. Un percorrido máis longo e complexo destinado a persoas cun nivel físico superior. Neste caso as primeiras oportunidades serán durante a Semana Santa, nos finais de marzo e continuarán ao longo do ano con ofertas todos os meses a partir do día 1 de maio e ata o final da campaña.
Para esta modalidade de visita tamén é preciso facer reserva previa co Oficina de Turismo e o custo, para este percorrido espeleolóxico de maior duración e dificultade, é de 40€/persoa.