“Con este certame rendemos unha homenaxe a Blas García Liz, cuxa perda supuxo un duro golpe para a nosa cultura e sobre todo para a Banda Municipal ‘O Landro’”, asegura a alcaldesa, María Loureiro
As obras procedían de dez provincias españolas: Málaga, Xaén, Cádiz, Toledo, Cuenca, Cidade Real, Valencia, Madrid, Zamora e Pontevedra.
“Gustaríame lembrar por suposto que con este certame rendemos unha homenaxe a unha figura de grande importancia no noso municipio, Blas García Liz, cuxa perda supuxo un duro golpe para a nosa cultura e sobre todo para a Banda Municipal ‘O Landro’, da que era o seu presidente”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
O xurado, formado por David Rivas, Fernando Buide e David Fiúza, destaca a gran calidade dos traballos presentados, así como o valor patrimonial da construción dunha nova identidade sonora creada por e para a Semana Santa viveirense.
A marcha será presentada o sábado 2 de marzo pola Banda de Música “O Landro” de Viveiro, no marco da súa participación no ciclo Adral, e posteriormente será interpretada pola Banda Municipal de Santiago de Compostela, baixo a batuta do seu director titular, David Fiúza.
O concerto terá lugar o domingo 17 de marzo de 2024 ás 12:00 horas no Teatro Principal da capital galega coa colaboración da Banda Municipal de Santiago de Compostela, Xunta de Confrarías de Santiago de Compostela, Semana Santa de Viveiro e a Banda de Música O Landro de Viveiro.
‘Ecce Homo de los Franceses’, de Miguel Ángel Ruiz, orixinario de Iniesta, Cuenca, é un notable traballo musical que destaca pola súa melodía ben desenvolvida e unha sólida narrativa.
A obra mantén unha forma clásica, o que a fai atractiva tanto para o público como para os intérpretes. En resumo, ‘Ecce Homo dos franceses’ é unha marcha de procesión que consegue fusionar tradición clásica con elementos creativos, ofrecendo unha experiencia musical enriquecedora.