Mañón, 19 de febreiro, 2024. O espazo das Terras da Faladora é unha realidade complexa, onde as personas teñen diferentes xeitos de vida e modos de relacionarse co territorio que habitan.
Neste 2024 centrarémonos nas persoas que desenvolven actividades artísticas na nosa contorna, falaremos das posibilidades laborais e vitais desde o(s) rural(is) e dos factores que condicionan a vida que elixiron. Tamén haberá un espazo para poder coñecer os seus traballos, cunha pequena exposición.
Nesta sétima edición, o propósito é o mesmo de sempre: poñer en valor ás persoas que decidiron emprender dende o rural e coñecer os motivos que as levaron a facelo; e visibilizar estas iniciativas para que outras poidan coñecer o que existe e decidir sobre o seu presente/futuro.
Ademáis, achegarémonos a un espazo en activo “Artemanía” para coñecer unha disciplina das que ofrece, a cerámica, para poñer en valor o traballo cas mans.
O programa da xornada é o seguinte:
SÁBADO, 24 DE FEBREIRO, NO “Abeiro do Sor” (MAÑÓN)| DESDE AS 16:30H ATA AS 19:00H.
FALADOIRO ABERTO SOBRE A VIDA NO RURAL E EXPOSICIÓN DE TRABALLOS
XULIO VILLARINO | FOTÓGRAFO
LEILA DE ARTEXXANAS | ARTESÁ
CRISTIAN F. CARUNCHO | DEBUXANTE E ILUSTRADOR
CLOTILDE LEMOINE | CONSERVADORA E RESTAURADORA
DOMINGO, 25 DE FEBREIRO, NO LOCAL DE ARTEMANÍA (ORTIGUEIRA)| DESDE AS 11:00H ATA AS 14:00H.
OBRADOIRO DE CERÁMICA CON ARTEXXANAS. REALIZACIÓN DUNHA PEZA DECORATIVA DE XESO CUN RELEVO BOTÁNICO
Prazas limitadas e, por tanto, necesaria inscrición previa.
Lugar: Artemanía, en Avenida de Gaita, nº27, Ortigueira.
Prezo: Asociadas no 2024: 10,00€. Non asociadas no 2024: 20,00€
Inscrición en: 653756454 (Ricardo) ou en asociación.nordes@gmail.com