O conselleiro recordou que a Xunta leva agardando desde o 20 de decembro unha resposta do Goberno central para que o sector reciba axudas extraordinarias entre as cales estarían a exención das cotizacións a Seguridade Social
O responsable autonómico sinalou que a Administración autonómica e o sector marisqueiro segue agardando unha resposta por parte do Estado a unha demanda que permitiría habilitar axudas extraodinarias para compensar de forma completa e áxil ao sector afectado polas perdas ocasionadas pola mortalidade severa nas poboacións de bivalvos de interese comercial entre as que destacan a exención das cotizacións á Seguridade Social. “A preocupación se demostra con feitos e non con boas palabras” reflexionou á vez que ironizou con que case dous meses despois e en plena campaña electoral por fin se dan conta en Madrid da gravidade da situación sen aínda manifestar ningún compromiso concreto co sector.
Alfonso Villares confrontou a pasividade do Executivo estatal co traballo realizado desde a Xunta da man do sector habilitando 4 millóns de axudas directas aos profesionais que se abonarán de forma extraordinaria e directa este febreiro e máis de 10 millóns de euros, virán con cargo ao Fempa para afrontar as paradas temporais. A estas medidas sumou o Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo en Galicia 2024-2025 cun conxunto de actuacións que están abertas ás contribucións das xentes do mar e que contará cun investimento de 123 millóns de euros.
Internacionalización das empresas
O titular de Mar enxalzou a traxectoria de conxelados Sariego adicada á importación, elaboración e exportación de produtos conxelados do mar e que na actualidade conta con delegacións en Ourense, Santa Comba, Coruña, Santiago, Pontevedra, Zamora e Chaves (Portugal). O responsable autonómico destacou a aposta desta empresa na modernización das súas instalacións que se atopan á vangarda en procesos de transformación, envasado e almacenaxe de produtos conxelados.
Tamén destacou o seu perfil internacional xa que parte do seu crecemento débese a súas esteiras relacións comerciais con outros países dos que optén materia prima que é elaborada nas súas instalacións con altos estándares de calidade para ser distribuída por España e resto de Europa. Unha internacionalización que está reflictida nas cifras récord de exportación do sector que alcanzaron os 2.700 millóns de euros no 2022 e que con moita probabilidade foron superadas o ano pasado, situando unha vez máis á cadea mar-industria como un referente internacional.