Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares aplaude os 30 anos que leva a Festa do Mexillón de San Cibrao promovendo o consumo do molusco rei das rías galegas

Cervo, 24 de febreiro de 2024. O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, acompañado pola xefa territorial do departamento, Mariña Gueimunde, e pola alcadesa de Cervo, Dolores García, participou hoxe na Festa do Mexillón de San Cibrao, unha celebración gastronómica xa tradicional nesta localidade da Mariña lucense onde é posible degustar máis dunha vintena de receitas diferentes do molusco rei das rías galegas, desde os cociñados ao vapor ou á vinagreta ate filloas recheas, croquetas, torradas ou o bivalvo acompañado con diferentes salsas.

Esta cita cumpre o seu trinta aniversario, motivo polo que o titular de Mar aplaudiu a labor que xogan o preto dunha decena de locais hostaleiros participantes na promoción e posta en valor do bivalvo. Alfonso Villares enxalzou a calidade do produto e a creatividade, variedade e sabor das diferentes receitas e propostas dos profesionais da cociña involucrados, uns chefs e camareiros aos que considerou como os mellores aliados da cadea mar-industria da comunidade e, por tanto, tamén protagonistas dentro da estratexia AMAR GALICIA de promoción do consumo dos produtos do mar.

Exit mobile version