Site icon Crónica3.com A Mariña

AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín

Ribadeo, 5 de febreiro de 2024. AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra na súa campaña de San Valentín, que se desenvolverá do 8 ao 14 de febreiro.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que todas as persoas que fagan as súas compras no comercio asociado entre os días 8 e 14 de febreiro entrarán no sorteo de 10 vales de compra de 100 euros cada un. O sorteo farémolo en Radio Foz o 19 de febreiro e do resultado informaremos a través das nosas redes sociais e dos medios de comunicación”.

Ademais do 9 ao 14 Anduriña e Xoyma ofrecerán doces afrodisíacos e Marexada un cóctel tamén afrodisíaco. Paleo comentou que “deste xeito queremos que a xente celebre o Día dos Namorados degustando algunha destas propostas, que xa son tradicionais nesta campaña de AciaFozCCA. Ademais na hostalería sabemos que hai menús especiais preparados para que poidamos gozar desta data dun xeito especial”.

AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Na presentación participaron o alcalde, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Katherina Navarro, e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

Exit mobile version