Foz, 4 de febreiro, 2024. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 11 de febreiro a partir das 20:30 h, no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro e o grupo de pandeireiteiras da Subela.
A asociación cultural A Pomba do Arco quere convidar a todos os veciños e veciñas do Concello a colaborar con esta actividade, agudizando o enxeño e achegando as súas coplas ás diversas caixas colocadas en diversos establecementos de Foz. A entidade organizadora indica que estas caixas atópanse Eskina, Leyton, Happy Days, Xoyma, “Anduriña”, “Muelle Bar”, “Cevexaría Augas Santas”, “Casa Damián”, “Pachán”, “A Bolera”, “Dandy” e “Xoiña”
O colectivo organizador introduce unha nova posibilidade de participación para a veciñanza. Neste sentido, abre unha conta de correo electrónico, apombadoarco@gmail.com para que os veciños que o desexen acheguen a súa composición ou copla pola vía dixital. Asemade, a entidade sinala que a data tope para a entrega das conplas nas caixas depositadas nos estabelecementos hostaleiros é o venres 8 ás 20:00 horas.
O éxito e a continuidade do Touporroutou depende da participación veciñal polo que solicitamos dos focegos e das focegas o seu apoio e a súa axuda, elaborando coplas e cantigas sobre os temas que consideren de interese, a fin de que esta actividade sexa realmente unha autentica crónica da vida social de Foz ao longo deste último ano.