Valcárcel defendeu que Galiza leva perdidos moitos anos en I+D+i, e propuxo accións estratéxica, como incrementar o investimento en ciencia até o 3% do PIB no 2030, adicar á ciencia o 3% dos orzamentos, ou a definición dunha carreira profesional investigadora para todo o persoal científico – técnico que desenvolve a súa actividade nos centros de investigación e prestación de servizos tecnolóxicos.