Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil investiga aos supostos colaboradores dun delito de secuestro en Burela

Os principais autores foron detidos o pasado mes de outubro

Burela, 26 de febreiro de 2024. A Garda Civil, no marco da operación Perdouro, dá por desarticulada unha organización criminal implicada nun delito de secuestro dunha persoa menor de idade.

A operación policial iniciouse o pasado mes de outubro na localidade lucense de Burela, na cal se practicaron varios rexistros e procedeuse á detención de dúas persoas, veciñas de Burela, como supostos autores dun delito de secuestro dun menor.

No marco do operativo procedeuse á investigación de dous veciños de Culleredo (A Coruña), de 59 e 53 anos de idade, como colaboradores no delito.

As persoas investigadas foron postas ao dispor xudicial, con estes últimos imputados dáse por finalizada a operación policial.

Exit mobile version