A Garda Civil investiga a súbdita brasileira, veciña de Foz de 48 anos de idade como suposta autora dun delito de ameazas. A presunta autora supostamente ameazou a unha doutora, a cal se atopaba no exercicio das súas funcións como persoal sanitario. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.