Os feitos sucederon na estrada N-634, termino municipal de Ribadeo, cando tras identificar ao condutor dun turismo comprobouse que este circulaba perdendo a vixencia do permiso de condución por perda total dos puntos asignados. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº1 dos de Mondoñedo.