A organización actuaba en vivendsa habitadas e establecementos públicos
A investigación comezou no primeiro semestre do pasado ano tras ter coñecemento de varios roubos cometidos en vivendas habitadas nas localidades de Xove e Barreiros, continuando en empresas situadas ao longo da provincia (A Pontenova, Mondoñedo, A Pastoriza, Carballedo e Baralla).
Nunha primeira fase da operación e unha vez reunidos suficientes indicios contra os presuntos autores destes roubos, procédese á detención de dous veciños de Lugo, de 31 e 38 anos.
No desenvolvemento da investigación detense o último integrante do grupo criminal, veciño de Lugo de 47 anos de idade.
Realizáronse varios rexistros onde se interveu un arma de fogo e gran cantidade de material, recuperando a maior parte dos obxectos roubados, os cales están ao dispor dos seus lexítimos propietarios.
O valor aproximado do recuperado ascende a 13.000 euros. As persoas detidas foron postas ao dispor xudicial.