Para a VIII edición deste evento, organizado pola grupo A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo, hai programados Cantos de Taberna, un xantar popular e diferentes obradoiros; e xa pola noitiña terá lugar o Festival cos concertos de “Brúa”, “Tanto nos ten” e “Banda Xangai”
Cervo, 29 de febreiro de 2024. San Cibrao acollerá o sábado 23 de marzo a VIII Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos, que se desenvolverá na Praza dos Campos.
A cita está organizada por A Rebolaxe e conta coa colaboración do Concello de Cervo,
O rexedora, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e membros da asociación organizadora A Rebolaxe, presentaron o evento que encherá de vida e moita música San Cibrao durante todo o día.
O programa arrinca ás 12:00 horas con Cantos de Taberna polos diferentes locais de hostalería. A inscrición está aberta ata o 13 de marzo, a través do correo a foliadanordestia.cantos@gmail.com
Xa ás 15:00 horas está previsto un xantar popular e pola tarde haberá diferentes obradoiros.
Como broche de ouro da xornada, ás 21:30 horas dará comezo o Festival cos concertos de “Brúa”, “Tanto nos ten” e “Banda Xangai”.
Toda a información detallada está dispoñible nas redes sociais da VIII Foliada Nordestía: https://www.facebook.com/foliadanordestia.
Desde o Concello de Cervo convidan á veciñanza e ás persoas visitantes a gozar dunha xornada única na que a música, o baile e a diversión estarán garantidos.