Lola estivo estes días por Cervo visitando á súa avoa Carmen, coa que aparece na foto, e aproveitouse para darlle o detalliño gardado e tamén os parabéns polo premio. A súa poesía participa agora na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura.