“Acelera tu corazón, vive Mondoñedo”
Presentaron onte o evento o presidente da asociación Motoclub N-634, Miguel Arias acompañado do Alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, do Concelleiro de Cultura, Alberto García e da Concelleira de Turismo, Patricia Otero.
Dende a organización e o Concello queren convidar a moteiros e moteiras a participar neste evento que abre as concentracións de motos en Galicia, e dicirlle a todo o mundo “Acelera tu corazón, vive Mondoñedo”, tal como reza o seu slogan.