A Mariña, 8 de febreiro, 2024. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun episodio de chuvias e vento intensos que se deixarán sentir en toda a comunidade, especialmente nas provincias da Coruña e de Lugo.
Así, a partir desta madrugada, na provincia da Coruña permanecerá activa unha alerta de nivel laranxa por fortes precipitacións e refachos de vento que poderán acadar os cen quilómetros por hora. Do mesmo xeito, os fortes ventos tamén levan á activación dunha alerta laranxa en Lugo.
O resto da comunidade permanecerá en nivel amarelo, polo que tamén choverá e venteará, aínda que con menor intensidade.
Así, desde o 112 Galicia recomendamos á poboación que tome as medidas de prevención necesarias para garantir a súa seguridade durante este episodio adverso de vento e chuvia.