Site icon Crónica3.com A Mariña

A cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, votou no Colexio Illa Verde da cidade de Lugo

Rodil afirmou que a xornada de hoxe será “histórica para Galiza e para a provincia de Lugo” e chamou a unha gran participación. “Lanzamos a todas o chamamento para que veñan a votar, é un momento decisivo para as galegas e galegos”, dixo Daniel Castro, número dous. O candidato do BNG transladou “un saúdo e ánimo ás persoas que toman parte nas mesas electorais e as apoderadas e interventoras, e aos medios de comunicación” para o que queda de xornada electoral.

Exit mobile version