Esta actividade, como a meirande parte das que se ofrecen dende UNED, pode realizarse de maneira presencial e online en directo e en diferido. Para obter máis información pódese contactar coa Aula Universitaria de Foz no teléfono 982.133.699, no WhatsApp 604.034.549 ou a través do correo electrónico foz@lugo.uned.es.
Ademais a concelleira Elena Martínez adianta que nos vindeiros meses seguirán apostando por “unha oferta variada e dirixida a distintos públicos, tendo proxectados xa cursos de creación literaria ou español para estranxeiros, por exemplo”.
Dende a coordinación, Muíña anuncia que “a matrícula da UNED está actualmente aberta, ata o 12 de marzo, para aquelas persoas que pensen en ampliar os seus estudos e realizar unha carreira ao seu ritmo. E tamén anima a dirixirse á aula de Foz para pedir mais información”.
Finalmente recordan que seguen inmersos no ciclo de presentacións da aula universitaria, despois de ter celebradas varias charlas en Foz e en Burela no mes de xaneiro, e invitan a que se soliciten na aula ou no Concello estas sesións informativas por parte de quen teña interese en coñecer os servizos e recursos que dende a UNED de Foz se ofrecen.