Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación ribadense Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, convoca asemblea xeral ordinaria de soci@s para o día 16 de marzo, sábado, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo

Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe a renovación da xunta directiva do colectivo. Na asemblea tamén se tratarán estes outros asuntos: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.

Exit mobile version